martes, 30 de maio de 2017

ARES VISITA CHINA
Neste curso, os nenos e nenas de terceiro traballamos nun proxecto sobre China. Descubrimos moitas cousas deste país, algunhas sorprendentes: a vestimenta, a escritura, o Maneki-Neko ou gato da sorte, o Yin e o Yang, a gran muralla que mide máis de 20.000 km e o dragón, sabiades que ten partes de 9 animais diferentes? Tamén fixemos un libro de receitas e outro do horóscopo, aprendemos a facer farois e algúns xogos de orixe oriental. Todas estas cousas amosámolas na 1ª Feira: “Dende Ares cara ao mundo”. Foi una experiencia moi divertida!

domingo, 28 de maio de 2017

Un paseíño por Brasil

O día 15 de maio, celebramos no cole a nosa propia Feira Fitur. Os alumnos e alumnas de 4º de Primaria quixemos mostrarlle, ao mundo, un pedaciño da historia e da cultura de Brasil. Para elo comezamos decorando o noso stand... Máis tarde, comezaron a chegar os primeiros interesados no stand e nas diversas actividades que tiñamos organizadas: limbo, taller de cariocas, bingo ou unha degustación de productos típicos de Brasil ...

mércores, 1 de marzo de 2017

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O alumnado de 3º e 4º cursos de EP quixemos conmemorar o día adicado a ROSALÍA DE CASTRO recitando un dos seus fermosos poemas "Eu ben vin estar o moucho". E non nos saiu mal de todo.
O resultado foi este.

https://youtu.be/x9gioOZKJd0



E tamén elaboramos este cartel con caretas  de Rosalía e un anaco do poema




domingo, 15 de xaneiro de 2017

Árbore de Nadal de origami



Neste titorial, Antía explícanos o proceso para facer unha árbore de papiroflexia.

 E aquí tedes algunhas mostras dos que fixemos.


                                                                                    




 

martes, 20 de decembro de 2016

Decoración navideña.

Coma todos os anos por estas datas, as portas das aulas, os corredores, as escaleiras do cole, etc. amosan fermosas decoracións navideñas que elaboramos con sinxelos e variados materiais.

Felicitación de Nadal

Fermosa felicitación que preparou a profe Luisa con alumnado de Primaria. Felices Festas!

luns, 19 de decembro de 2016

venres, 16 de decembro de 2016

O boneco de neve.

Por estas datas sempre nos gusta ver este fermoso conto navideño. Preciosa historia chea de maxia sobre a amizade.