mércores, 26 de novembro de 2014

O noso ciclo da auga.

Estos son os materiais que usamos para preparar o noso experimento.



 Puxemos no recipiente de plástico unha boa capa de pedriñas e botamos unha capa de area seca sobre elas.

 
 Puxemos unha tapiña cunha pouca auga sobre a area.

 

 Cubrimos con plástico de cociña e colocámolo ao sol.
 Hai que esperar uns días.


 Animádevos a facelo na casa.

xoves, 20 de novembro de 2014

Para cantar.

Unha das cancións da obra " A nena e o grilo nun barquiño" que tanto nos gustara.

mércores, 19 de novembro de 2014

Alegría, palabra de Gloria Fuertes.

No Pazo da Cultura de Narón, o alumnado de 1º a 4º de Primaria do cole, disfrutamos desta estupenda representación, galardoada no 2013 co premio Max de Teatro ao mellor espectáculo infantil.

 Dona Pito Piturra e o Sr. Antropelli, traballadores do antigo Circo Crocodilo, viven rodeados de contos e poemas de Gloria Fuertes ata o punto de que ambos cren ser ela. Cada un intenta convencer ao outro do seu erro.

Cos versos e contos da autora e unha magnífica posta en escea, os dous actores crean esta magnífica obra.

martes, 18 de novembro de 2014

Liberdade e os seus amigos.


 Onte, os compañeiros da ESO preperáronnos unha sesión de contacontos, ao alumnado de 3º e 4º de Primaria, para conmemorar o Día dos Dereitos dos Nen@s, que se celebra esta semana.

 Liberdade é unha nena coma nós, que está moi soa porque os seus pais traballan moitas horas e pasan pouco tempo con ela. Por iso, un día, colle a súa mochila e marcha polo camiño longo e verde en busca de compaña.
Na súa viaxe atopará a outros nen@s que teñen tamén distintas necesidades.

 Rematamos a sesión cun xogo de Pasapalabra e un fermoso marcador de agasallo.

 Moitas grazas aos compañeiros da ESO e á profe Yoli.

venres, 14 de novembro de 2014

xoves, 13 de novembro de 2014

Vexo.

Os acertixos e enganos visuais gústannos moito!
 Por iso empezamos unha nova andaina do VEXO.

 Cantas persoas ves na imaxe do artista Oleg Suplyak?

martes, 11 de novembro de 2014

Aterraxe dun robot nun cometa.

Mañá un pequeno robot, chamado Philae, intentará a aterraxe no cometa Churyumov-Gerasimenko, situado entre as órbitas de Marte e Xúpiter.
 Este robot está na sonda Roseta da Axencia Espacial Europea que iniciou a súa viaxe o 2 de marzo do 2004 .
  Philae desprenderáse da nave nodriza iniciando unha caída libre que durará sete horas.
 Se clicas en Philae poderás seguir a información da Axencia Espacial Europea.


 

venres, 7 de novembro de 2014

Magosto 2014

Celebramos hoxe a festa do Magosto no cole.
As nosas castañas estaban tan guapas, que unha famosa revista de moda, aproveitou a festa para facerlles
unha reportaxe. Pasámolo moi ben!

     .