Amosando publicacións coa etiqueta Saídas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Saídas. Amosar todas as publicacións

luns, 24 de outubro de 2016

Camiñata de outono.



 O pasado venres, aproveitando o bo tempo, fixemos a camiñata de outono pola nosa contorna, para apreciar os cambios que a estación deixa na paisaxe.

 Dende o cole, subimos por Loureiros, fixemos a merenda na Barrosa e voltamos por Papellas, rúa da Paz e colexio outra vez.

 Observamos árbores de folla caduca, perenne, arbustos diversos, campos de cultivo, animais, cunchas e pedras na ribeira,... Vimos paisaxes: de campo, de costa,... Escoitamos as ondas do mar na praia,
 miramos nas pozas,...

 Disfrutamos!!!


 

mércores, 22 de xuño de 2016

Praia de Seselle.



Onte , 3º e 4º de Primaria, fomos de camiñata á praia de Seselle como xa vén sendo habitual por estas datas.

 Disfrutamos dunha preciosa mañá en contacto coa natureza da nosa contorna. con xogos, baños, merenda e camiñata.


 

sábado, 4 de xuño de 2016

Museo de Historia Natural

O venres, 3º e 4º, visitamos o Museo de Historia Natural da SGHN, en Ferrol.

Foi unha visita moi completa, na que recorrimos a exposición, con múltiples coleccións doadas por naturalistas e na sección de Mamíferos Mariños atopamos unha das coleccións biolóxicas máis importantes da Península.

 Tamén fixemos un obradoiro de pegadas, e vimos un documental moi interesante de réptiles e anfibios.

Temos que agradecer  ao persoal do Museo a magnífica atención que nos prestou e o trato que recibimos. Moitas grazas.


 

xoves, 28 de maio de 2015

Educación vial.


 Onte, o alumnado de 4º de E. primaria e as súas titoras, visitaron a aula de Educación vial do concello de Fene.
 Ademais da parte teórica, na que repasaron as principais normas de circulación, tiveron a parte práctica na que completaron todo o circuíto.
 É estupenda esta visita e sempre se disfruta a tope.

xoves, 25 de setembro de 2014

VIII Manuel Rebón .

Hoxe fomos ver a exposición do certame de pintura VIII Manuel Rebón-Concello de Ares. Estivemos moi atentos ás explicacións, observamos os cadros con atención, e aínda que foi unha visita corta, foi moi ben aproveitada.