xoves, 23 de xuño de 2016

Festival de Fin de Curso

Rematamos o curso cun estupendo festival cheo de música, bailes,cancións en lingua de signos, entrega de diplomas e premios,... Despois , na aula, festa, entrega de notas, bicos, apertas e OS MELLORES DESEXOS!!! BO VERÁN !! (Un dos vídeos está silenciado por dereitos de copyright dunha canción.)

mércores, 22 de xuño de 2016

Despedida

Despedimos aos compañeiros de 4º que en setembro iniciarán unha nova etapa. Foron moitas as cousas e os momentos que compartimos. Con estas dúas montaxes queremos compartir algúns deses marabillosos recordos.

Praia de Seselle.



Onte , 3º e 4º de Primaria, fomos de camiñata á praia de Seselle como xa vén sendo habitual por estas datas.

 Disfrutamos dunha preciosa mañá en contacto coa natureza da nosa contorna. con xogos, baños, merenda e camiñata.


 

luns, 20 de xuño de 2016

Xornada en Montefaro

Hoxe, todo o cole, celebrou unha xornada de despedida do curso en Santa Catalina de Montefaro. Había diversas actividades (plantación de buxo nos xardíns, visita guiada ao mosteiro, ruta polas baterías, xogos populares,...) e os distintos niveis participaron nunhas ou noutras . Aquí vos deixamos unha pequena mostra da xornada.

Exposición Arte SOS

O venres fomos ver a exposición do Certame de Mail Art do noso cole.
 Outro ano máis os traballos participantes encantáronnos.

xoves, 16 de xuño de 2016

mércores, 15 de xuño de 2016

Abraio OK

Fermoso corto realizado no noso cole para falarnos de integración, do valor das diferencias, da autoestima,... Abraiados quedamos da calidade técnica e interpretativa de todo o conxunto de participantes no mesmo. Ten razón Luisa, o vindeiro curso máis.

sábado, 11 de xuño de 2016

ARTE SOS

Estas so as obras coas que participamos na 3º Mostra de Arte Postal do noso cole. O lema deste ano "Hai un artista en ti: Arte SOS" é unha chamada ao coidado do medioambiente e das Artes. Nós presentamos obras de técnica mixta nas que mesturamos collage e Zentangle. O Zentangle son debuxos feitos con patróns repetitivos, que nos convidan a facer do debuxo un acto agradable, meditativo, relaxante e doado para todos.

mércores, 8 de xuño de 2016

III Edición do Certame de Portadas de Libros.

Xa está exposta a edición deste ano do Certame de Portadas do noso cole. Aquí tedes unhas fotos da exposición. E estes son os nosos traballos: uns individuais, de técnica libre, e outros en grupo ( os dous cuartos xuntos) facendo portada para "Os soños na gaiola" de Manuel Maria.

sábado, 4 de xuño de 2016

Museo de Historia Natural

O venres, 3º e 4º, visitamos o Museo de Historia Natural da SGHN, en Ferrol.

Foi unha visita moi completa, na que recorrimos a exposición, con múltiples coleccións doadas por naturalistas e na sección de Mamíferos Mariños atopamos unha das coleccións biolóxicas máis importantes da Península.

 Tamén fixemos un obradoiro de pegadas, e vimos un documental moi interesante de réptiles e anfibios.

Temos que agradecer  ao persoal do Museo a magnífica atención que nos prestou e o trato que recibimos. Moitas grazas.


 

Meteoescola- 2016

Aquí temos un pequeno resumo do traballo feito para o proxecto Meteoescola.
Diariamente medimos dúas veces a temperatura e a información foi recollida nos calendarios mensuais.
 Con esta información cubrimos as gráficas mensuais de temperatura.
Tamén medimos e recollimos a información da pluviosidade, para facer as gráficas correspondentes. Observamos o ceo e tamén plasmamos esta información nos calendarios que logo expoñemos no corredor.

 

mércores, 1 de xuño de 2016

RAID Escolar Bezoucos.

O pasado venres participamos neste RAID cos compañeiros dos colexios de Mugardos. Na praia de Ares, tandas de 4 equipos (de 4 membros cada un) foron enfrentándose en cachibol praia, regata de kaiak e carreira de relevos. Foi unha xornada lúdico- deportiva estupenda, cun tempo que nos acompañou e que permitiu incluso que nos bañásemos. Quedamos encantados e apuntámonos a repetilo.