domingo, 31 de maio de 2015

II Certame de MailART- Ares.



Este ano, os 3R (reducir, reutilizar, reciclar) eran o fío conductor do certame.
 Utilizando os máis variados obxectos e restos atopados no noso entorno ( cartóns, plásticos, paus, cunchas, etc) fixemos estes fermosos traballos.

 Na oficina de Correos unha señora preguntounos se os vendíamos.

 

Ole laranxiña.

Para cantar.

Seguimos aprendendo cancións tradicionais.

 

xoves, 28 de maio de 2015

Mercado municipal.



 Para a páxina web do cole, tocounos a 3º e 4º facer un traballo sobre o Mercado Municipal de Ares.


 O alumnado de 3º fixo unha pequena presentación das características arquitectónicas do edificio, amais de propoñernos xogos, acertixos e retos matemáticos relacionados coa visita.
 

E o alumnado de 4º entrevistou ás persoas que traballan alí para ofrecernos os seus productos a cotío.

 
Temos que darlle as grazas á profe Yoli, que nos fixo estas marabillosas montaxes.

Educación vial.


 Onte, o alumnado de 4º de E. primaria e as súas titoras, visitaron a aula de Educación vial do concello de Fene.
 Ademais da parte teórica, na que repasaron as principais normas de circulación, tiveron a parte práctica na que completaron todo o circuíto.
 É estupenda esta visita e sempre se disfruta a tope.

domingo, 24 de maio de 2015

Finalistas no Olloboi.

O noso Meteo-refráns é finalista no Festival Audiovisual Olloboi 2015, nunha das súas categorías.

Este xogo fixémolo para o proxecto Meteoescola e enviámolo a este festival porque a profe Yoli animounos a participar.

Ser finalistas xa é todo un premio. Parabéns para tod@s por ser un gran equipo.

venres, 22 de maio de 2015

O incrible neno devorador de libros.



 Esta mañá os compañeiros de 3º e 4º de ESO, contáronnos ao conto de Henrique, un incrible neno devorador de libros.

Empezou unha tarde na que comeu unha palabriña, logo seguiu cunha frase,...

Magnífico traballo dos compañeiros de ESO e das súas profes: narración, música, artística,...

Parabéns!

martes, 19 de maio de 2015

Non.



 Porque, ás veces, hai que saber dicir NON!
 Este fermoso vídeo gravárono @s alumn@s de 3º de primaria co profe Simón en Educación en valores sociais e cívicos.
 As súas voces son un importante recordatorio que temos que ter moi presente.

sábado, 16 de maio de 2015

Letras Galegas- 2015






E como remate das actividades desta semana das Letras, fixemos este mural con caricaturas de Filgueira Valverde e unha pequena escolma de palabras dos seus escritos; traballamos unha unidade didáctica para coñecer a súa biografía e algo da súa obra.

Tamén tivemos festa cunhas fabulosas gaitas e cantareiras, que nos convidaron a cantar, bailar,... Nós animámonos e tamén cantamos a Jota de Calvos.

venres, 15 de maio de 2015

Refráns ilustrados.






 Outra actividade máis da semana das Letras Galegas, foi a escolma e ilustración de refráns meteorolóxicos para colocar nas portas das aulas.

II Certame de Portadas.



 Coincidindo coa semana das Letras Galegas, montouse a exposición do II Certame de portadas en galego. O xurado vaino ter difícil porque hainas ben bonitas.

xoves, 14 de maio de 2015

Os cantaruxeiros de 3º.



 Levamos uns días de cantaruxeiros, aproveitando uns minutos dos recreos para ensaiar a " Jota de Calvos". Ocorréusenos preparala para o Día das Letras Galegas, e mañá faremos de teloneiros .
 Facémolo sen pretensións, unicamente por cantar na nosa lingua unha cantiga popular.
O noso agradecemento ao profe Simón que nos axuda nos ensaios.

 

mércores, 13 de maio de 2015

Palmeiras tropicais.



Preparamos esta sinxela receita, xa que estamos practicando a súa escritura.

 Despois de lavar moi ben as mans comezamos.

 Ingredientes:
         1 plátano
         2 kiwis
         1 mazá

 Elaboración:

 1º Pelar o plátano, cortalo pola metade ao largo e colocar as dúas metades na fuente, facendo os troncos
 das palmeiras. Co coitelo farémoslles uns cortes.

 


2º Pelar os kiwis, cortar pola metade ao largo e trocear para facer as pólas da palmeira.

 

 3º Pelar a mazá e cortala en láminas para facer o chan.

 

Anímate a facela. Está moi boa!


 

luns, 11 de maio de 2015

Vila Soñares.



Este proxecto comezou cun obectivo básico e fundamental: fomentar a inclusión, neste caso, das persoas xordas, desenvolvendo capacidades de empatía e cooperación coma o inicio do respecto á marabillosa diversidade.

Grazas á colaboración de todo o profesorado e, en especial, do alumnado do CPI Conde de Fenosa, comezamos a SOÑAR cun mundo sen barreirtas.

venres, 8 de maio de 2015

Proxecto Meteoescola 2014-2015.



 Un curso máis, o noso colexio segue co Proxecto Meteoescola, impregnando a vida escolar.





 O alumnado de 3º e 4º de primaria diariamente recolle, nos seus calendarios de aula, a temperatura que marca a termómetro en dous momentos da mañá (a primeira hora e despois do recreo), así coma o estado do ceo.

O alumnado de 4º posteriormente elabora unhas gráficas con esta información e o alumnado de 3º pásalla ao de 6º para que as elaboren no ordenador. Tamén controlamos u pluviómetro para levar conta da cantidade de chuvia.







 Cos refráns meteorolóxicos que tiñamos escolmados dos cursos pasados, elaboramos o xogo “Meteo-refráns”. Nel, cada participante ten que dicir un refrán relacionado co tempo meteorolóxico ou os meses e despois debe explicar o seu significado.



E relacionado co anterior, na Semana das Letras Galegas, cada curso de Infantil e Primaria ilustrou un refrán meteorolóxico para colocar na porta da aula (as meteoportas) e facer despois unha exposición con todos eles.







Pero ata no Antroido mandou este proxecto, xa que
o tema elexido para disfrazarnos foi a Meteoroloxía e o cambio climático; nós fomos de tronada e chubascada.