xoves, 30 de outubro de 2014

Samaín 2014

O Samaín encántanos!
Mirade cantas cousas fixemos no cole: cabazas, pantasmas, morcegos, esqueletos, monstros,...

Antía, Wamba e o regato pequeno.



Este é o título da obra que vimos hoxe en Afundación de Ferrol.
 Tropa de trapo contounos catro fermosas historias que axudan a reflexionar sobre a solidariedade, e o que podemos aportar uns aos outros.
Con Antía e Wamba rimos, cantamos, aplaudimos,... disfrutamos da maxia do teatro.

 

martes, 28 de outubro de 2014

Osiño de auga.



 Hoxe tócanos investigar sobre este invertebrado. A ver cantas cousas descubrimos?

 Tamén buscaremos información sobre as ras que se conxelan para pasar o inverno.

 A Natureza é sorprendente!

mércores, 15 de outubro de 2014

León de biblioteca de Michelle Knudsen.



Coñecimos a este león nunha lectura do libro de castelán e quedamos preocupados por saber se voltou á biblio ou non.

Imos preguntarlle a Carabela se temos o conto na nosa biblioteca para poder lelo completo.

 

martes, 14 de outubro de 2014

Árbores.



 No outono, as árbores están moi fermosas coas súas tonalidades.
Este é o primeiro deseño que facemos nesta estación, en artística.

luns, 13 de outubro de 2014

Sistema Solar.

Para aprender o sistema Solar fixemos estes pequenos libros-acordeón moi manexables.

 Tamén colgamos do teito da clase outro máis grande.

sábado, 4 de outubro de 2014

O Tangram.


Antigo e moi coñecido crebacabezas chinés que consiste en reproducir figuras utilizando as sete pezas.

 Hoxe en día, úsase como pasatempo en psicoloxía, educación física, deseño, ...
Na área das matemáticas emprégase para introducir conceptos de xeometría plana e para promover o desenrolo de capacidades psicomotrices e intelectuais.

O seguinte video móstranos o xeito de construir un doadamente.

  Anímate a facelo e verás que ben o pasas!