Amosando publicacións coa etiqueta Teatro. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Teatro. Amosar todas as publicacións

venres, 27 de maio de 2016

Contos de lobo.

Onte no Casino, Teatro dos Ghazafellos puxeron en escea para Infantil, 1º, 2º 3º e 4º "Contos de lobos": Os tres porquiños, Carapuchiña e Os sete Cabuxos nunha versión moi ghazafellana. Cantas risas botamos!

xoves, 12 de novembro de 2015

Jim e a illa do tesouro.

Onte, no auditorio de Narón, asistimos 1º, 2º, 2º e 4º de Primaria, á representación desta obra polo grupo EME2.
A máis clásica das obras de piratas (de R.L.Stevenson), adaptada para o teatro de monicreques.

 Estivemos moi atentos e ao remate aplaudimos con moito entusiasmo, porque nos gustou moito!

 

martes, 16 de xuño de 2015

"Acuario" de Teatro dos Ghazafellos.



O pasado venres, fomos ao casino para asistir á representación de Acuario, o poemario de María Canosa, representado por Teatro dos Ghazafellos.

 Coma sempre, un placer ver unha das súas actuacións.

 

mércores, 19 de novembro de 2014

Alegría, palabra de Gloria Fuertes.

No Pazo da Cultura de Narón, o alumnado de 1º a 4º de Primaria do cole, disfrutamos desta estupenda representación, galardoada no 2013 co premio Max de Teatro ao mellor espectáculo infantil.

 Dona Pito Piturra e o Sr. Antropelli, traballadores do antigo Circo Crocodilo, viven rodeados de contos e poemas de Gloria Fuertes ata o punto de que ambos cren ser ela. Cada un intenta convencer ao outro do seu erro.

Cos versos e contos da autora e unha magnífica posta en escea, os dous actores crean esta magnífica obra.

xoves, 30 de outubro de 2014

Antía, Wamba e o regato pequeno.



Este é o título da obra que vimos hoxe en Afundación de Ferrol.
 Tropa de trapo contounos catro fermosas historias que axudan a reflexionar sobre a solidariedade, e o que podemos aportar uns aos outros.
Con Antía e Wamba rimos, cantamos, aplaudimos,... disfrutamos da maxia do teatro.