Amosando publicacións coa etiqueta Animación á lectura.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Animación á lectura.. Amosar todas as publicacións

martes, 13 de setembro de 2016

Centenario do nacemento de Roald Dahl

Hoxe, 13 de setembro, celébrase o centenario do nacemento do famoso escritor británico. Autor dunha extensa obra, lido e admirado por varias xeracións de lectores, con moitas e famosas adaptacións das súas obras ao cine, merece a nosa homenaxe lendo ou relendo as súas fabulosas historias.

martes, 24 de maio de 2016

Roald Dahl

Estamos traballando a Roald Dahl, coñecendo a súa biografía, lendo os seus super-éxitos, vendo películas das súas obras, recomendándonos uns aos outros as súas historias, etc. Encántanos este autor.

venres, 1 de abril de 2016

Un pouco de maxia.




Despois da lectura dunhas páxinas de "Libro de maxia.Kika Superbruxa" de Knister, no que nos mostraba uns truquiños de maxia, Nerea fíxonos este sorprendente truco na clase. Encantounos e quedamos abraiados.

 

martes, 3 de novembro de 2015

Cid Campeador.



 Nunha lectura coñecimos esta figura épica da Idade Media.

 Neste corto temos máis información sobre o personaxe, a súa época, etc.

 

martes, 13 de outubro de 2015

Paula Danziger.

Por un fragmento de "Ámbar está superfuriosa", que traballamos na clase, coñecimos á súa autora, Paula Danziger.

Investigamos un pouco e preparamos unha pequena biografía da mesma.
Buscamos algún dos seus libros na biblioteca e pedimos que compraran algún título máis.

 Agora a leela!


 

venres, 22 de maio de 2015

O incrible neno devorador de libros.



 Esta mañá os compañeiros de 3º e 4º de ESO, contáronnos ao conto de Henrique, un incrible neno devorador de libros.

Empezou unha tarde na que comeu unha palabriña, logo seguiu cunha frase,...

Magnífico traballo dos compañeiros de ESO e das súas profes: narración, música, artística,...

Parabéns!

luns, 27 de abril de 2015

Obradoiro de portadas .



 Fixemos este obradoiro para preparar as nosas portadas.
 Con elas participamos no II Certame de portadas de libros en galego que organiza a nosa biblioteca.
 Así quedaron.


venres, 14 de novembro de 2014

mércores, 15 de outubro de 2014

León de biblioteca de Michelle Knudsen.



Coñecimos a este león nunha lectura do libro de castelán e quedamos preocupados por saber se voltou á biblio ou non.

Imos preguntarlle a Carabela se temos o conto na nosa biblioteca para poder lelo completo.