mércores, 21 de xuño de 2017

Brigadeiros

Antes de irnos, queríamos amosarvos un dos traballos que máis nos gustou facer para a Feira Fitur, pero por diversos motivos non volo puidemos amosar ese día. Era o noso pequeno segredo pero.... agora que vai rematar o curso queremos compartilo con vós.

https://www.youtube.com/watch?v=SXBtQjpR4YQ&feature=youtu.be

Se no veran tides un oco, invitados ou vos apetece probar a facer esta receita... animámosvos a que probedes a facela na casa. Aquí abaixo vos deixamos a receita:

 Ingredientes
 1 bote de 395 g leche condensada
 50 ml nata o crema de leche
 1 cuchara sopera mantequilla sin sal
 1 cuchara sopera glucosa
 1 pizca sal
2 cucharas chocolate sin azúcar en polvo

 Pasos
 1- Juntar todos los ingredientes y llevar a fuego lento hasta que la masa de dulce desprenda de la olla.
2- Es un proceso que puede que tarde unos 20 minutos.
 3- IMPORTANTE siempre mover para que no se pegue.Pasar a un plato y después que enfríe bien, hacer bolitas y espolvorear fideos de chocolate.

xoves, 1 de xuño de 2017

As nosas actividades

Con motivo da Feira Fitur, tivemos que poñer as nosas cabezas a funcionar para buscar actividades, ideas, xogos... que queriamos amorsar na feira. Unha vez conseguidas as ideas, fixemos unha selección das mellores e puxémonos mans á obra.
ESTE É O RESULTADO DO NOSO TRABALLO!!!!Esperamos que vos gustaran!

martes, 30 de maio de 2017

ARES VISITA CHINA
Neste curso, os nenos e nenas de terceiro traballamos nun proxecto sobre China. Descubrimos moitas cousas deste país, algunhas sorprendentes: a vestimenta, a escritura, o Maneki-Neko ou gato da sorte, o Yin e o Yang, a gran muralla que mide máis de 20.000 km e o dragón, sabiades que ten partes de 9 animais diferentes? Tamén fixemos un libro de receitas e outro do horóscopo, aprendemos a facer farois e algúns xogos de orixe oriental. Todas estas cousas amosámolas na 1ª Feira: “Dende Ares cara ao mundo”. Foi una experiencia moi divertida!

domingo, 28 de maio de 2017

Un paseíño por Brasil

O día 15 de maio, celebramos no cole a nosa propia Feira Fitur. Os alumnos e alumnas de 4º de Primaria quixemos mostrarlle, ao mundo, un pedaciño da historia e da cultura de Brasil. Para elo comezamos decorando o noso stand... Máis tarde, comezaron a chegar os primeiros interesados no stand e nas diversas actividades que tiñamos organizadas: limbo, taller de cariocas, bingo ou unha degustación de productos típicos de Brasil ...

mércores, 1 de marzo de 2017

DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO

O alumnado de 3º e 4º cursos de EP quixemos conmemorar o día adicado a ROSALÍA DE CASTRO recitando un dos seus fermosos poemas "Eu ben vin estar o moucho". E non nos saiu mal de todo.
O resultado foi este.

https://youtu.be/x9gioOZKJd0



E tamén elaboramos este cartel con caretas  de Rosalía e un anaco do poema




domingo, 15 de xaneiro de 2017

Árbore de Nadal de origami



Neste titorial, Antía explícanos o proceso para facer unha árbore de papiroflexia.

 E aquí tedes algunhas mostras dos que fixemos.