martes, 30 de maio de 2017

ARES VISITA CHINA
Neste curso, os nenos e nenas de terceiro traballamos nun proxecto sobre China. Descubrimos moitas cousas deste país, algunhas sorprendentes: a vestimenta, a escritura, o Maneki-Neko ou gato da sorte, o Yin e o Yang, a gran muralla que mide máis de 20.000 km e o dragón, sabiades que ten partes de 9 animais diferentes? Tamén fixemos un libro de receitas e outro do horóscopo, aprendemos a facer farois e algúns xogos de orixe oriental. Todas estas cousas amosámolas na 1ª Feira: “Dende Ares cara ao mundo”. Foi una experiencia moi divertida!

Ningún comentario:

Publicar un comentario