luns, 30 de maio de 2016

Finalistas no Olloboi 2016.

Xa temos o diploma acreditativo de finalistas na categoría Doc (Documental) que obtivemos polo noso traballo sobre o Mercado Municipal de Ares. Xa son dous (Olloboi 2015 e 2016). Estamos encantad@s e seguiremos participando. Por se queredes vernos de novo en acción, aquí tedes os dous traballos:

domingo, 29 de maio de 2016

Idade Antiga

Estamos estudiando as grandes civilizacións da antigüidade. Comezamos con Exipto.

venres, 27 de maio de 2016

Contos de lobo.

Onte no Casino, Teatro dos Ghazafellos puxeron en escea para Infantil, 1º, 2º 3º e 4º "Contos de lobos": Os tres porquiños, Carapuchiña e Os sete Cabuxos nunha versión moi ghazafellana. Cantas risas botamos!

xoves, 26 de maio de 2016

Despedímonos de Rebecca.

Remata o curso e Rebecca volta ao seu país.
 Hoxe tocou despedida.
 Graciñas por todo e ata sempre


.

martes, 24 de maio de 2016

Roald Dahl

Estamos traballando a Roald Dahl, coñecendo a súa biografía, lendo os seus super-éxitos, vendo películas das súas obras, recomendándonos uns aos outros as súas historias, etc. Encántanos este autor.

sábado, 21 de maio de 2016

Recitando a Manuel María



Este é un pequeno agasallo para Manuel María.
 Os poemas que ilustramos, de " Os soños na gaiola", tamén os preparamos para recitar, algúns de memoria e outros lendo os versos.
 E como nos gusta moito o poema "A fala" tamén fixemos unha lectura en grupo.

                                         

mércores, 18 de maio de 2016

Ilustrando a Manuel María.



Unha das actividades nesta semana da Letras Galegas foi ilustrar poemas de Manuel María.
 Xa comezaramos co mural-ilustración do poema A Natureza e continuamos coas ilustracións dunha escolma de "Os soños na gaiola".

  
 

luns, 16 de maio de 2016

Finalistas no Olloboi 2016



Os dous traballos do noso centro finalistas na edición deste ano do festival Olloboi:

 O Mercado Municipal de Ares finalista na sección Olloboi DOC e o

Libdup Vila Soñares na sección Olloboi Online.

PARABÉNS para todos!!

venres, 13 de maio de 2016

Os murais, de todos para todos.



Ao longo do ano escolar, realizamos varios murais entre todo o alumnado de 3º e 4º.

 No mural, técnica artística tan antiga que xa nas pinturas rupestres podemos ver a súa orixe, conxúganse aspectos de convivencia, a arte e súas relacións interdisciplinares, etc. É un proxecto colectivo, no que participa todo o alumnado e que vai posibilitar a representación dunha idea servíndonos da linguaxe artística.

Este curso, todos os murais que realizamos foron sobre papel continuo pegado á parede ( polo tanto efímeros), con témperas e pinceis.
A temática relacionada con festividades: O Samaín, O Magosto, Nadal, Antroido, Día da Terra, Día das Letras.

 Os indicadores de éxito foron a valoración da obra e os niveis de satisfacción dos participantes e da comunidade educativa.

domingo, 8 de maio de 2016

Casa-museo de Manuel María.

Nesta visita virtual coñecemos a casa de Manuel María en Outeiro de Rei.

A contorna sempre deixa unha forte pegada nas nosas vidas. E neste enlace tedes a web da casa.

sábado, 7 de maio de 2016

Obradoiro de percusión.



Esta semana participamos nun obradoiro de percusión co noso corpo e con instrumentos feitos reutilizando distintos obxectos: latas, botes, paus de vasoira, tubos de lavadora, etc.

 A música está en todo o que nos rodea.

venres, 6 de maio de 2016

De ensaio.




Os Cantaruxeiros de 4º en pleno ensaio.
 Tiveron uns espectadores de excepción: compañeiros de "4 e 5 anos" que lles aplaudiron con entusiasmo.

 

mércores, 4 de maio de 2016

Arquitectura medieval en Ares.



Como colofón á nosa investigación sobre a Idade Media fomos de excursión a Chanteiro, Montefaro e Lubre para ver os edificios que teñen a súa orixe nesta época.

Recordamos e aprendimos moitas cousas, cantamos e bailamos unha fermosa danza medieval nun dos claustros do mosteiro, etc.
Algún dixo que fora unha saída de 10.

 Grazas ás profes que nos acompañaron e aos responsables da Asociación de Amigos de Santa Catalina por guiarnos na visita e darnos todas as facilidades.
Fabulosa actividade






.

luns, 2 de maio de 2016

El Quijote.

Na pasada semana, para celebrar o Día do Libro, tamén participamos nesta lectura compartida da obra de Miguel de Cervantes.

A serea das Illas Mirandas.



 No proxecto da Idade Media tamén buscamos lendas do noso entorno relacionadas con esa época. Atopamos varias:
A cova dos Mouros en Cervás, a da Fonte da Virxe en Chanteiro e a da Serea das Illas Mirandas.
Sobre esta última, en plástica, decidimos ilustrala e preparar un agasallo para a nosa biblioteca.
Fixemos equipos de 3 e repartímonos o traballo. E así quedou a nos Serea ilustrada.


domingo, 1 de maio de 2016