venres, 28 de outubro de 2016

Samaín, 2016



 Encántanos o Samaín.
Preparamos cabazas, adornamos portas e corredores, facemos murais, aprendemos e cantamos cancións,...

luns, 24 de outubro de 2016

Camiñata de outono.



 O pasado venres, aproveitando o bo tempo, fixemos a camiñata de outono pola nosa contorna, para apreciar os cambios que a estación deixa na paisaxe.

 Dende o cole, subimos por Loureiros, fixemos a merenda na Barrosa e voltamos por Papellas, rúa da Paz e colexio outra vez.

 Observamos árbores de folla caduca, perenne, arbustos diversos, campos de cultivo, animais, cunchas e pedras na ribeira,... Vimos paisaxes: de campo, de costa,... Escoitamos as ondas do mar na praia,
 miramos nas pozas,...

 Disfrutamos!!!


 

venres, 21 de outubro de 2016

venres, 7 de outubro de 2016

Paisaxes de outono .



 Estas paisaxes fixémolas con rotulador e con elas dámoslle a benvida ao outono.