venres, 25 de novembro de 2016

O balor do pan.

Estudiando os fungos, decidimos observar como saía o mofo do pan.
 Probamos con pan do día e con pan de molde.
 Despois duns días o primeiro estaba cuberto de balor e o de molde, ao ter conservantes, non tiña nada. Coa lupa observámolo millor, e moitos ulimos o cheiro do balorecido que descoñecíamos.

 Os mofos son moi abundantes e algúns son beneficiosos coma o mofo Penicillium do que se obtén a penicilina.

 

venres, 18 de novembro de 2016

En Plástica fixemos estes mouchos con diversos restos de papeis e cartóns. A canción do "Moucho chosco" deunos a idea e estes son os nosos mouchiños.

Rodrigo Díaz de Vivar

Nunha lectura do libro de Lengua coñecimos esta figura lexendaria. Neste enlace tedes un montón de información e outras actividades sobre a figura do Cid Campeador.

luns, 14 de novembro de 2016

Gústanos cantar!

Cantar é algo que lle gusta a todo o mundo.
 Cantemos ben ou non tan ben, hai que facelo porque senta moi ben.

 Neste enlace un montón de cancións para aprender e cantar.


sábado, 12 de novembro de 2016

Magosto, 2016

O Magosto deste ano estivo xenial!
Primeiro preparamos cucuruchos, caixas, cestiños, etc. para recoller as castañas; logo comimos unhas saborosas castañas asadas e para axudar á dixestión, xogos populares no pavillón:
 letras corporais para formar a palabra Magosto,
 baile da castaña,
 carreiras con castañas en culleres e volta coa castaña entre as pernas,
 baile da vasoira, etc.

XENIAL!!