sábado, 30 de xaneiro de 2016

Día Escolar da Non Violencia e a Paz.






Celebramos todos xuntos este día baixo o lema " Somos pequenas persoas que fan grande o mundo" día a día. Cada un aportando o seu pequeno gran, para facer montañas.

venres, 29 de xaneiro de 2016

O esqueleto.

Nestas actividades podedes repasar e aprender os ósos do esqueleto.

 Aquí tedes outro para repasar e xogar.

E nestoutro, máis para aprender e practicar.

 

mércores, 20 de xaneiro de 2016

Relevo de España.

Neste xogo podedes practicar e estudiar o relevo de España.
(Clicade nas palabras destacadas)

 

E nestoutro podedes repasar os ríos da península que apredimos en 3º

martes, 19 de xaneiro de 2016

Antón, o neno que non quería ir á escola.

Este é o conto que nos contaron onte as compañeiras de 2º de ESO.
Ao remate fixemos un Pasapalabra para ver canto lembrábamos.
 O conto foi escrito e ilustrado por tres rapazas de 3º de ESO., que o fixeron de marabilla, con motivo do Día dos dereitos dos nen@s, e que por circunstancias retrasouse.
Moitísimas grazas a todo o alumnado e profesorado implicado.
 Agasalláronnos cun lapis, que ten o nome do cole impreso, para que lembremos a importancia da escola nas nosas vidas.


 

domingo, 17 de xaneiro de 2016

Idade Media.

Neste video temos unha sinxela e bastante completa explicación deste período da historia.

venres, 15 de xaneiro de 2016

ENTREVISTA ÁS PROFES CHICHA E MELI

O ALUMNADO DE 4º B ENTREVISTOU A NOSA PROFE CHICHA SOBRE A SÚA ACTIVIDADE ARTÍSTICA

Por se queredes ver algunhas das súas obras podedes clicar no seu blog Pinturas e debuxos.

sábado, 19 de decembro de 2015

Decoración de Nadal.

Aquí tedes unha pequena mostra do que fixemos para decorar as aulas, as portas, as escaleiras,...

 


venres, 18 de decembro de 2015

Quilómetros de Solidariedade.

Todo o cole participou, un ano máis, con gran entusiasmo na carreira Quilómetros de Solidariedade, a prol da ONG Save the Children. Un éxito esta edición 2015. PARABÉNS a tod@s.

mércores, 16 de decembro de 2015

Non esquezas dicir...



Que importantes son as expresións de cortesía no día a día.

 Por iso, na clase de Valores C. e S., preparamos este corto para recordalo.
 Escoitade os consellos con moita atención.

 

sábado, 12 de decembro de 2015

Escollo con moito ollo!

Este é o título da charla que a Escola Galega de Consumo, dentro da campaña de InfoNadalConsumo 2015,nos deu onte no noso cole. Falamos sobre consumo responsable, os trucos da publicidade, a importancia que ten mirar as indicacións dos xogos antes de mercalos, etc.



En concreto, centrámonos moito no etiquetado dos videoxogos.
Pregamos que leades con moita atención este folleto e que revisedes os videoxogos que utilizan @s vos@s fill@s.

martes, 8 de decembro de 2015

A Antártida.

Para profundizar no estudio da hidrosfera, a gran capa de auga que ocupa case as 3/4 partes da superficie do planeta azul. Pero de toda esta auga, só unha pequena parte é doce, e desta, a maior reserva está na Antártida. Aprenderás un montón de cousas interesantes!

luns, 30 de novembro de 2015

PRESENTÁMONOS COA MÚSICA

Aos nenos e nenas de 4º curso acordounos presentarnos dun xeito distinto e, para iso, empregamos a música. Non quedou nada mal. Escoitade!


luns, 23 de novembro de 2015

Receitas.



Estamos traballando as instruccións, e que mellor maneira que practicar coas receitas.
Preparamos a cociña, dispuxéronse @s cociñeir@s e os ingredientes, e sen moita preparación, despois dalgúns imprevistos, aquí están os resultados.

 Pasámolo moi ben e saíron moi ricos os bocatas . E como di Iván:
_ Fácil, sinxelo e para toda a familia.

 

Lembrade que na biblioteca hai estupendos libros de receitas.

sábado, 21 de novembro de 2015

The snowman

The snowman é un libro infantil inglés escrito por Raymond Briggs e publicado en 1978 en forma de álbum ilustrado.
 En 1982 fíxose a película de animación que foi nominada ao Oscar ao mellor corto.

 Esta fermosísima historia fálanos do valor da amizade.


 

sábado, 14 de novembro de 2015

Magosto 2015



Onte celebramos o Magosto.
 O recreo foi máis longo e puidemos comer as castañas, cantar moito e xogar.

 

venres, 13 de novembro de 2015

Castañas e cestiñas.

Fixemos estas castañas-monicreques e unhas cestiñas para o noso magosto do cole; usamos xornais, catálogos, cartóns,... Reutilizamos para aforrar!









xoves, 12 de novembro de 2015

Jim e a illa do tesouro.

Onte, no auditorio de Narón, asistimos 1º, 2º, 2º e 4º de Primaria, á representación desta obra polo grupo EME2.
A máis clásica das obras de piratas (de R.L.Stevenson), adaptada para o teatro de monicreques.

 Estivemos moi atentos e ao remate aplaudimos con moito entusiasmo, porque nos gustou moito!

 

venres, 6 de novembro de 2015

O ourizo cacho Pancho.



Con folliñas secas do outono, en plástica, fixemos estes ourizos cachos. Neste corto argallamos un pequeno conto arredor deles.

xoves, 5 de novembro de 2015

martes, 3 de novembro de 2015

Cid Campeador.



 Nunha lectura coñecimos esta figura épica da Idade Media.

 Neste corto temos máis información sobre o personaxe, a súa época, etc.

 

xoves, 29 de outubro de 2015

Samaín 2015

Aquí vos achegamos unha peli con varias das actividades que fixemos en 3º e 4º :
lanternas con frascos de vidro, morcegos, bruxas, decoración de portas, un gran mural nas escaleiras , cabazas talladas e decoradas,...

 

 Compartimos tamén a peli, que preparou a profe Yoli, do Samaín no cole.

 

mércores, 21 de outubro de 2015

Pintando.

Seguimos co reino das plantas e en plástica pintamos estas folliñas cheas de cores.
 Empregamos as cores primarias máis o branco e puxémonos a mesturar.

Pasámolo pipa!


 

sábado, 17 de outubro de 2015

No Samaín.



Empezamos a conta atrás para o Samaín con esta canción de Paco Nogueiras.



martes, 13 de outubro de 2015

Paula Danziger.

Por un fragmento de "Ámbar está superfuriosa", que traballamos na clase, coñecimos á súa autora, Paula Danziger.

Investigamos un pouco e preparamos unha pequena biografía da mesma.
Buscamos algún dos seus libros na biblioteca e pedimos que compraran algún título máis.

 Agora a leela!