martes, 6 de outubro de 2015

Outono.



 A nova estación vai ir cubrindo o chan de folliñas variadas.
Nós, en artística, fixemos estas.

 


luns, 5 de outubro de 2015

xoves, 1 de outubro de 2015

Paisaxes.



 Neste video as paisaxes con árbore que fixemos en Plástica dentro do proxecto Plantas.

luns, 28 de setembro de 2015

venres, 25 de setembro de 2015

No niño novo do vento.



Fermosísima canción a partir do poema de Cunqueiro. Versión de Xoel López.
Para disfrutar e cantar!

xoves, 24 de setembro de 2015

Árbores


 Preparamos uns mini- libros con distintas árbores na clase de Plástica.



martes, 22 de setembro de 2015

Apetécevos unha viaxe espacial dende as illas Canarias ata Italia?
 Fixádevos na contaminación lumínica, nas estrelas,...
Preciosa.

luns, 14 de setembro de 2015

Color esperanza.

Unha canción que fala da esperanza e da superación.

 

For the birds.

Divertido corto de Pixar cunha interesante reflexión sobre a diversidade, a tolerancia, o respecto ás diferencias e o valor das mesmas, ...

Para ver e pensar!

 

venres, 11 de setembro de 2015

Empezamos!

Xa comezamos o novo curso e queremos dar a benvida a toda a comunidade educativa: o alumnado, especialmente aos novos compañeiros, o profesorado, e demais persoal. Espéranos un curso, cheo de novas experiencias, descubrimentos,etc., que queremos vivir e disfrutar a tope!

 

                                                                                   

xoves, 3 de setembro de 2015

Rematando as vacacións.





A vindeira semana empeza o cole; xa temos gañas, non? Que vos parece un xogo de cálculo para comprobar como estamos despois das vacacións? Probamos?

venres, 19 de xuño de 2015

Praia de Seselle.



Hoxe, 3º e 4º fomos camiñando á praia de Seselle para pasar unhas horas disfrutando de xogos, convivencia, natureza, etc.

Pasámolo moi ben e á volta, tocou despedida e notas.

Felices vacacións para tod@s.

.

Festa con inchables.

 A ANPA do noso cole contratou uns inchables para a festa de fin de curso.

 O alumnado de E. infantil e primaria pasámolo de marabilla.

 

xoves, 18 de xuño de 2015

mércores, 17 de xuño de 2015

As nosas carretas.



Estivemos vendo as máquinas e os seus tipos en C. Naturais.

Preparamos unha carreta na casa coma exemplo de máquina simple e aproveitámolo para practicar expresión oral en galego, contando o proceso de fabricación .
Foi moi divertido.

martes, 16 de xuño de 2015

Contos para todos.

A pasada semana, un grupo de compañeiras de 6º viñeron ás nosas aulas a contarnos contos. Fixérono moi ben e animámolas a repetir a experiencia.

"Acuario" de Teatro dos Ghazafellos.



O pasado venres, fomos ao casino para asistir á representación de Acuario, o poemario de María Canosa, representado por Teatro dos Ghazafellos.

 Coma sempre, un placer ver unha das súas actuacións.

 

mércores, 10 de xuño de 2015

Exposición de Mail-Art.



Onte visitamos no edificio de Secundaria a exposición do II Certame de Mail-Art-Ares.
Que chuladas e canta orixinalidade. Convidámosvos a visitala.

 

domingo, 31 de maio de 2015

II Certame de MailART- Ares.



Este ano, os 3R (reducir, reutilizar, reciclar) eran o fío conductor do certame.
 Utilizando os máis variados obxectos e restos atopados no noso entorno ( cartóns, plásticos, paus, cunchas, etc) fixemos estes fermosos traballos.

 Na oficina de Correos unha señora preguntounos se os vendíamos.

 

Ole laranxiña.

Para cantar.

Seguimos aprendendo cancións tradicionais.

 

xoves, 28 de maio de 2015

Mercado municipal.



 Para a páxina web do cole, tocounos a 3º e 4º facer un traballo sobre o Mercado Municipal de Ares.


 O alumnado de 3º fixo unha pequena presentación das características arquitectónicas do edificio, amais de propoñernos xogos, acertixos e retos matemáticos relacionados coa visita.
 

E o alumnado de 4º entrevistou ás persoas que traballan alí para ofrecernos os seus productos a cotío.

 
Temos que darlle as grazas á profe Yoli, que nos fixo estas marabillosas montaxes.

Educación vial.


 Onte, o alumnado de 4º de E. primaria e as súas titoras, visitaron a aula de Educación vial do concello de Fene.
 Ademais da parte teórica, na que repasaron as principais normas de circulación, tiveron a parte práctica na que completaron todo o circuíto.
 É estupenda esta visita e sempre se disfruta a tope.

domingo, 24 de maio de 2015

Finalistas no Olloboi.

O noso Meteo-refráns é finalista no Festival Audiovisual Olloboi 2015, nunha das súas categorías.

Este xogo fixémolo para o proxecto Meteoescola e enviámolo a este festival porque a profe Yoli animounos a participar.

Ser finalistas xa é todo un premio. Parabéns para tod@s por ser un gran equipo.

venres, 22 de maio de 2015

O incrible neno devorador de libros.



 Esta mañá os compañeiros de 3º e 4º de ESO, contáronnos ao conto de Henrique, un incrible neno devorador de libros.

Empezou unha tarde na que comeu unha palabriña, logo seguiu cunha frase,...

Magnífico traballo dos compañeiros de ESO e das súas profes: narración, música, artística,...

Parabéns!

martes, 19 de maio de 2015

Non.



 Porque, ás veces, hai que saber dicir NON!
 Este fermoso vídeo gravárono @s alumn@s de 3º de primaria co profe Simón en Educación en valores sociais e cívicos.
 As súas voces son un importante recordatorio que temos que ter moi presente.

sábado, 16 de maio de 2015

Letras Galegas- 2015






E como remate das actividades desta semana das Letras, fixemos este mural con caricaturas de Filgueira Valverde e unha pequena escolma de palabras dos seus escritos; traballamos unha unidade didáctica para coñecer a súa biografía e algo da súa obra.

Tamén tivemos festa cunhas fabulosas gaitas e cantareiras, que nos convidaron a cantar, bailar,... Nós animámonos e tamén cantamos a Jota de Calvos.

venres, 15 de maio de 2015

Refráns ilustrados.






 Outra actividade máis da semana das Letras Galegas, foi a escolma e ilustración de refráns meteorolóxicos para colocar nas portas das aulas.