Fixemos este obradoiro para preparar as nosas portadas.
Con elas participamos no II Certame de portadas de libros en galego que organiza a nosa biblioteca.
Así quedaron.
Nesta sesión de Ciencia en ruta traballamos a representación e interpretación espaciais e a capacidade de abstracción para comprender as inmensas distancias do Universo.
Coa representación multimedia e uns planetas a escala, xogamos e profundizamos no estudo do noso Sistema Solar.
Falamos de cousas que xa sabíamos, pero aprendimos moito sobre as proporcións, distancias, planetas enanos, asteroides , duración da rotación e traslación dos planetas e moitas cousas máis.
Esta semana tivemos dúas celebracións: o 22 o Día da Terra e o 23 o Día do Libro.
Fixemos un obradoiro de ilustración de portadas de contos, preparamos mini libros para cada ocasión, fixemos plantacións de sementes e esqueixes,...
Dentro da campaña de información e concienciación para a mellora da recollida selectiva e a reciclaxe, dous monitores de SOGAMA visitaron o noso cole, para pasar un rato con cada curso, recordándonos a importancia dos tres R: Reducir, Reutilizar e Reciclar.
Lembráronnos as cores dos colectores e o que debemos botar en cada un, o que se fai co que depositamos neles, etc.
Moitas cousas xa as sabíamos, pero non está de máis lembralas.
Tamén nos repartiron uns agasallos ao remetar.
The Hoffnung Music Academy, simpático video de animación dos 60, baseado en cómics de Gerard Hoffnung.
Sonata para piano nº 16 de Wolfgang Amadeus Mozart. Para disfrutar!
Ares é un pequeno concello de A Coruña cunha poboación aproximada de 5.800 habitantes.
Aproveitamos este paseo pola nosa vila para coñecer varios edificios municipais e os servizos que alí se prestan: Concello, Xulgado, Biblioteca, Mercado, Casa da Mocidade,...
Recorrendo as nosas rúas, falamos da nosa historia, edificios singulares, os distintos barrios, etc.
Seguiremos ampliando o coñecemento da vila con máis saídas.
Este venres, dende as 9 ata as 11,aproximadamente, veremos no ceo un eclipse de Sol, que só será total nunhas illas do Ártico.
En Ares veremos coma o Sol é tapado case todo pola Lúa.
No mapa de arriba podemos ver como se observará dende distintos lugares.
Lembrade que non podemos observalo sen a protección axeitada; mellor miralo na tele.
Membros da Federación de asociacións de persoas xordas, estiveron hoxe con nós para mostrarnos o día a día dunha persoa xorda e as distintas accións que podemos utilizar para facilitar a súa integración.
Practicamos o alfabeto dactilóxico, algunhas palabras e saúdos,...
Tamén vimos a peli "O soño de Pedro" que nos fala da destrucción de barreiras para facilitar a integración.
E chegou a festa do Antroido.
Este ano o tema era o tempo atmosférico.Nós iamos de treboada con lóstregos e nubarróns e os compañeiros de 4º de chuviscada con nubes, pingas,etc.
 Aínda así, o tempo non nos acompañou, pero fixémoslle caso ao refrán e puxémoslle boa cara.
Vestímonos, desfilamos no patio cuberto, posamos para "centos" de fotógraf@s, degustamos postres típicos da festa, xogamos,...
Estamos, estes días, moi ocupados rematando os disfraces do Antroido e cumprindo os seus mandados.
Onte tivemos que vir vestidos coas cores do arco da vella, e hoxe tocounos pintar na cara nubes, lóstregos,etc.
Hoxe , 30 de xaneiro, é o Día escolar da Paz e para celebralo traballamos o poema de Rosalía de Castro "Sin niño" que fala dunha pobre pomba que quedou sen nada e que ten problemas para alimentar ás crías.
Esto é algo que neste momento moitas familias están vivindo e que é un xeito de violencia.
Aprendimos as súas estrofas, comparámolo co galego actual, e fixemos un gran mural.
Tamén viñeron os compañeiros de 1º de ESO para reflexionar con nós sobre esta celebración, lernos un poema e tamén agasallarnos cunha pegatina.
Hoxe disfrutamos deste concerto noPazo da Ópera en A Coruña.
O quinteto de vento-metal Hércules Brass e a Sinfónica de Galicia coa participación da actriz e escritora Paula Carballeira crean este marabilloso conto musical.
A bruxa Anónima coñece ao quinteto triste e a través dunha viaxe por Europa e por distintas pezas musicais, irán aprendendo a superar os seus medos.
Hoxe participamos, por primeira vez, o alumnado de Infantil e Primaria na Carreira quilómetros de solidariedade, na que ata o de agora so corría o alumnado de ESO.
Con esta iniciativa preténdese axudar á infancia máis desfavorecida a través da ONG " Save the children".
O diñeiro recadado este ano empregarase na reconstrución de infraestructuras en Mali.
Moitas grazas ao alumnado, ás familias, ao profesorado e a todo aquel que prestou a súa axuda.
Corrimos con moitas gañas, dende os pequenos de 3 anos ata os máis maiores1