sábado, 28 de marzo de 2015

METEO-REFRÁNS

Este é o xogo dos refráns meteorolóxicos que preparamos para Meteoescolas.

Que ben quedou!
 Grazas á profe Conchi que fixo esta estupenda montaxe.


martes, 24 de marzo de 2015

Paseo pola vila.



Ares é un pequeno concello de A Coruña cunha poboación aproximada de 5.800 habitantes.

 Aproveitamos este paseo pola nosa vila para coñecer varios edificios municipais e os servizos que alí se prestan: Concello, Xulgado, Biblioteca, Mercado, Casa da Mocidade,...
 Recorrendo as nosas rúas, falamos da nosa historia, edificios singulares, os distintos barrios, etc.

 Seguiremos ampliando o coñecemento da vila con máis saídas.

mércores, 18 de marzo de 2015

Eclipse parcial de Sol.



Este venres, dende as 9 ata as 11,aproximadamente, veremos no ceo un eclipse de Sol, que só será total nunhas illas do Ártico.
 En Ares veremos coma o Sol é tapado case todo pola Lúa.
 No mapa de arriba podemos ver como se observará dende distintos lugares.
Lembrade que non podemos observalo sen a protección axeitada; mellor miralo na tele.
 

martes, 17 de marzo de 2015

Acenos



 Traballando os acenos e distintas exprexións do rostro: enfado, abraio, felicidade,...

Xornais, papel charón e rotuladores.

luns, 9 de marzo de 2015

O ovo saltarín.


 En C Naturais estamos estudiando os cambios na materia e vimos o experimento do ovo saltarín.

 Probamos a facelo na casa e resulta sorprendente como cambiou.
 Bota e bota.
Pero coidado, porque pode romper.

 Neste vídeo podedes seguir os pasos para facelo.

 

 Nestrouto explícannos os cambios de estado da auga.

 

martes, 24 de febreiro de 2015

Día de Rosalía.



 Co poema "Sin niño" de Rosalía, que aprendimos e traballamos, a profe Yoli preparounos esta estupenda montaxe.

Hoxe na biblioteca estivemos véndoa e comentándoa.

 

E estoutra dos compañeiros de 1º de ESO parécenos fabulosa!!

venres, 20 de febreiro de 2015

Pola integración!

Membros da Federación de asociacións de persoas xordas, estiveron hoxe con nós para mostrarnos o día a día dunha persoa xorda e as distintas accións que podemos utilizar para facilitar a súa integración. Practicamos o alfabeto dactilóxico, algunhas palabras e saúdos,... Tamén vimos a peli "O soño de Pedro" que nos fala da destrucción de barreiras para facilitar a integración.

venres, 13 de febreiro de 2015

Antroido 2015.

E chegou a festa do Antroido. Este ano o tema era o tempo atmosférico.Nós iamos de treboada con lóstregos e nubarróns e os compañeiros de 4º de chuviscada con nubes, pingas,etc.
 Aínda así, o tempo non nos acompañou, pero fixémoslle caso ao refrán e puxémoslle boa cara.
  Vestímonos, desfilamos no patio cuberto, posamos para "centos" de fotógraf@s, degustamos postres típicos da festa, xogamos,...

Felices días de Antroido!!!

xoves, 12 de febreiro de 2015

mércores, 11 de febreiro de 2015

Mandados



Estamos, estes días, moi ocupados rematando os disfraces do Antroido e cumprindo os seus mandados.
Onte tivemos que vir vestidos coas cores do arco da vella, e hoxe tocounos pintar na cara nubes, lóstregos,etc.

Froitas



 Despois da 1º semana da froita, e coma en Naturais estamos estudiando os alimentos, sentímonos moi motivados para facer estas froitas.


.

venres, 30 de xaneiro de 2015

Día escolar da Paz.

Hoxe , 30 de xaneiro, é o Día escolar da Paz e para celebralo traballamos o poema de Rosalía de Castro "Sin niño" que fala dunha pobre pomba que quedou sen nada e que ten problemas para alimentar ás crías.

Esto é algo que neste momento moitas familias están vivindo e que é un xeito de violencia.

 Aprendimos as súas estrofas, comparámolo co galego actual, e fixemos un gran mural.

 Tamén viñeron os compañeiros de 1º de ESO para reflexionar con nós sobre esta celebración, lernos un poema e tamén agasallarnos cunha pegatina.




xoves, 29 de xaneiro de 2015

Historia do quinteto triste e da bruxa Anónima.

Hoxe disfrutamos deste concerto noPazo da Ópera en A Coruña.

O quinteto de vento-metal Hércules Brass e a Sinfónica de Galicia coa participación da actriz e escritora Paula Carballeira crean este marabilloso conto musical.

 A bruxa Anónima coñece ao quinteto triste e a través dunha viaxe por Europa e por distintas pezas musicais, irán aprendendo a superar os seus medos.

As pezas que escoitamos foron:
Tritsch tratschpolka de J Stauss.
Habaneira de G. Bizet.
 Can-can de Offenbach
Suspiros de España de A. Álvarez
 Danza húngara 5de J. Brahms
Libertango de A. Piazollo

mércores, 21 de xaneiro de 2015

Edward Hopper.



















Esta semana coñecemos ao pintor estadounidense Edward Hopper.

Gustáronnos moito as súas obras, os seus ambientes e personaxes tan solitarios, as súas cores, paisaxes, etc.


Tengo el corazón contento.

Versión moderna dun éxito da cantante Marisol, que versionaba "Corazón contento" do arxentino Palito Ortega, no 1968.

sábado, 20 de decembro de 2014

Carreira solidaria.



 Aquí está a montaxe da carreira que prepararon as profes Yoli e Conchi.
 Que estupendo resultou todo.
 Parabéns a todo o cole!

venres, 19 de decembro de 2014

Decorando o cole polo Nadal.

                                                                                                                                                                                   Traballamos          

xuntos e quedounos o cole ben bonito!    
 

xoves, 18 de decembro de 2014

Quilómetros de solidariedade.



Hoxe participamos, por primeira vez, o alumnado de Infantil e Primaria na Carreira quilómetros de solidariedade, na que ata o de agora so corría o alumnado de ESO.
 Con esta iniciativa preténdese axudar á infancia máis desfavorecida a través da ONG " Save the children".
O diñeiro recadado este ano empregarase na reconstrución de infraestructuras en Mali.

 Moitas grazas ao alumnado, ás familias, ao profesorado e a todo aquel que prestou a súa axuda.

 Corrimos con moitas gañas, dende os pequenos de 3 anos ata os máis maiores1

mércores, 17 de decembro de 2014

Panxoliña.


 Os compañeiros de 4 anos B, coa súa profe Maica, viñéronnos cantar unhas panxoliñas (teñen algún irmán
na nosa aula).

 Fixérono moi ben e encantounos!

mércores, 10 de decembro de 2014

martes, 2 de decembro de 2014

luns, 1 de decembro de 2014

mércores, 26 de novembro de 2014

O noso ciclo da auga.

Estos son os materiais que usamos para preparar o noso experimento.



 Puxemos no recipiente de plástico unha boa capa de pedriñas e botamos unha capa de area seca sobre elas.

 
 Puxemos unha tapiña cunha pouca auga sobre a area.

 

 Cubrimos con plástico de cociña e colocámolo ao sol.
 Hai que esperar uns días.


 Animádevos a facelo na casa.