Membros da Federación de asociacións de persoas xordas, estiveron hoxe con nós para mostrarnos o día a día dunha persoa xorda e as distintas accións que podemos utilizar para facilitar a súa integración.
Practicamos o alfabeto dactilóxico, algunhas palabras e saúdos,...
Tamén vimos a peli "O soño de Pedro" que nos fala da destrucción de barreiras para facilitar a integración.
E chegou a festa do Antroido.
Este ano o tema era o tempo atmosférico.Nós iamos de treboada con lóstregos e nubarróns e os compañeiros de 4º de chuviscada con nubes, pingas,etc.
 Aínda así, o tempo non nos acompañou, pero fixémoslle caso ao refrán e puxémoslle boa cara.
Vestímonos, desfilamos no patio cuberto, posamos para "centos" de fotógraf@s, degustamos postres típicos da festa, xogamos,...
Estamos, estes días, moi ocupados rematando os disfraces do Antroido e cumprindo os seus mandados.
Onte tivemos que vir vestidos coas cores do arco da vella, e hoxe tocounos pintar na cara nubes, lóstregos,etc.
Hoxe , 30 de xaneiro, é o Día escolar da Paz e para celebralo traballamos o poema de Rosalía de Castro "Sin niño" que fala dunha pobre pomba que quedou sen nada e que ten problemas para alimentar ás crías.
Esto é algo que neste momento moitas familias están vivindo e que é un xeito de violencia.
Aprendimos as súas estrofas, comparámolo co galego actual, e fixemos un gran mural.
Tamén viñeron os compañeiros de 1º de ESO para reflexionar con nós sobre esta celebración, lernos un poema e tamén agasallarnos cunha pegatina.
Hoxe disfrutamos deste concerto noPazo da Ópera en A Coruña.
O quinteto de vento-metal Hércules Brass e a Sinfónica de Galicia coa participación da actriz e escritora Paula Carballeira crean este marabilloso conto musical.
A bruxa Anónima coñece ao quinteto triste e a través dunha viaxe por Europa e por distintas pezas musicais, irán aprendendo a superar os seus medos.
Hoxe participamos, por primeira vez, o alumnado de Infantil e Primaria na Carreira quilómetros de solidariedade, na que ata o de agora so corría o alumnado de ESO.
Con esta iniciativa preténdese axudar á infancia máis desfavorecida a través da ONG " Save the children".
O diñeiro recadado este ano empregarase na reconstrución de infraestructuras en Mali.
Moitas grazas ao alumnado, ás familias, ao profesorado e a todo aquel que prestou a súa axuda.
Corrimos con moitas gañas, dende os pequenos de 3 anos ata os máis maiores1
No Pazo da Cultura de Narón, o alumnado de 1º a 4º de Primaria do cole, disfrutamos desta estupenda representación, galardoada no 2013 co premio Max de Teatro ao mellor espectáculo infantil.
Dona Pito Piturra e o Sr. Antropelli, traballadores do antigo Circo Crocodilo, viven rodeados de contos e poemas de Gloria Fuertes ata o punto de que ambos cren ser ela. Cada un intenta convencer ao outro do seu erro.
Cos versos e contos da autora e unha magnífica posta en escea, os dous actores crean esta magnífica obra.
Onte, os compañeiros da ESO preperáronnos unha sesión de contacontos, ao alumnado de 3º e 4º de Primaria, para conmemorar o Día dos Dereitos dos Nen@s, que se celebra esta semana.
Liberdade é unha nena coma nós, que está moi soa porque os seus pais traballan moitas horas e pasan pouco tempo con ela.
Por iso, un día, colle a súa mochila e marcha polo camiño longo e verde en busca de compaña.
Na súa viaxe atopará a outros nen@s que teñen tamén distintas necesidades.
Rematamos a sesión cun xogo de Pasapalabra e un fermoso marcador de agasallo.
Moitas grazas aos compañeiros da ESO e á profe Yoli.