Hoxe, 13 de setembro, celébrase o centenario do nacemento do famoso escritor británico.
Autor dunha extensa obra, lido e admirado por varias xeracións de lectores, con moitas e famosas adaptacións das súas obras ao cine, merece a nosa homenaxe lendo ou relendo as súas fabulosas historias.
Comezamos de novo.
O curso 2016-2017 bota a andar.
Despois deste estupendo verán estamos máis alt@s, moreniñ@s, descansado@s e che@s de enerxía para o novo curso.
Un montón de cousas por vivir e disfrutar!
O cadro de Maruja Mallo evócanos o verán, a praia, os xogos na area, o mar,..., pero no verán hai tamén outras moitas actividades que podemos facer: pasear en bici, facer excursións, ler, xogar moito c@s amig@s, estar coa familia,...
A disfrutar do verán!!
Rematamos o curso cun estupendo festival cheo de música, bailes,cancións en lingua de signos, entrega de diplomas e premios,...
Despois , na aula, festa, entrega de notas, bicos, apertas e OS MELLORES DESEXOS!!!
BO VERÁN !!
(Un dos vídeos está silenciado por dereitos de copyright dunha canción.)
Despedimos aos compañeiros de 4º que en setembro iniciarán unha nova etapa.
Foron moitas as cousas e os momentos que compartimos.
Con estas dúas montaxes queremos compartir algúns deses marabillosos recordos.
Hoxe, todo o cole, celebrou unha xornada de despedida do curso en Santa Catalina de Montefaro.
Había diversas actividades (plantación de buxo nos xardíns, visita guiada ao mosteiro, ruta polas baterías, xogos populares,...) e os distintos niveis participaron nunhas ou noutras .
Aquí vos deixamos unha pequena mostra da xornada.
Fermoso corto realizado no noso cole para falarnos de integración, do valor das diferencias, da autoestima,...
Abraiados quedamos da calidade técnica e interpretativa de todo o conxunto de participantes no mesmo.
Ten razón Luisa, o vindeiro curso máis.
Estas so as obras coas que participamos na 3º Mostra de Arte Postal do noso cole.
O lema deste ano "Hai un artista en ti: Arte SOS" é unha chamada ao coidado do medioambiente e das Artes.
Nós presentamos obras de técnica mixta nas que mesturamos collage e Zentangle.
O Zentangle son debuxos feitos con patróns repetitivos, que nos convidan a facer do debuxo un acto agradable, meditativo, relaxante e doado para todos.
Xa está exposta a edición deste ano do Certame de Portadas do noso cole.
Aquí tedes unhas fotos da exposición.
E estes son os nosos traballos: uns individuais, de técnica libre, e outros en grupo ( os dous cuartos xuntos) facendo portada para "Os soños na gaiola" de Manuel Maria.
O venres, 3º e 4º, visitamos o Museo de Historia Natural da SGHN, en Ferrol.
Foi unha visita moi completa, na que recorrimos a exposición, con múltiples coleccións doadas por naturalistas e na sección de Mamíferos Mariños atopamos unha das coleccións biolóxicas máis importantes da Península.
Tamén fixemos un obradoiro de pegadas, e vimos un documental moi interesante de réptiles e anfibios.
Temos que agradecer ao persoal do Museo a magnífica atención que nos prestou e o trato que recibimos. Moitas grazas.
Aquí temos un pequeno resumo do traballo feito para o proxecto Meteoescola.
Diariamente medimos dúas veces a temperatura e a información foi recollida nos calendarios mensuais.
Con esta información cubrimos as gráficas mensuais de temperatura.
Tamén medimos e recollimos a información da pluviosidade, para facer as gráficas correspondentes.
Observamos o ceo e tamén plasmamos esta información nos calendarios que logo expoñemos no corredor.
O pasado venres participamos neste RAID cos compañeiros dos colexios de Mugardos.
Na praia de Ares, tandas de 4 equipos (de 4 membros cada un) foron enfrentándose en cachibol praia, regata de kaiak e carreira de relevos.
Foi unha xornada lúdico- deportiva estupenda, cun tempo que nos acompañou e que permitiu incluso que nos bañásemos.
Quedamos encantados e apuntámonos a repetilo.