venres, 29 de abril de 2016

A vida das persoas.

E xa rematando o proxecto da Idade Media, os compañeir@s de 3º A elaboraron esta magnífica explicación da vida no medievo, dos oficios, etc. Encantounos.

xoves, 28 de abril de 2016

Mobilízate pola selva.

Relacionado co Día da Terra, @s compañeir@s de 2º de Primaria de Valores viñeron falarnos desta campaña de reciclaxe de móbiles para protexer os ecosistemas africanos. Déronnos unha explicación fabulosa e tamén un folleto explicativo para levar á casa. Para ter máis información, podedes clicar no seguinte enlace.

mércores, 27 de abril de 2016

A Natureza

Na semana do Día da Terra tamén pintamos este mural ilustrando o poema de Manuel María titulado "A Natureza".

Pouco a pouco, todo o alumnado de 3º e 4º foi dando as súas pinceladas.

 Gústanos moito como quedou.

 

martes, 26 de abril de 2016

Os castelos.

No proxecto da Idade Media, os compañeiros de 4ºA investigaron sobre os castelos, as súas partes, funcións, etc. Grazas polo estupendo traballo.

sábado, 23 de abril de 2016

Día do Libro

Ademais de participar na lectura do Quijote, tamén fixemos uns marcadores "comelibros" e estes bonecos que bautizamos co nome de Lectoriños

.

sábado, 16 de abril de 2016

A vestimenta medieval.



E agora é o turno dos compañeir@s de 3ºB que investigaron sobre a vestimenta na Idade Media.

Magnífico traballo.

 Novamente o noso super-agradecemento á profe Yoli polas estupendas pelis que nos prepara.


 

xoves, 14 de abril de 2016

Idade Media. Sociedade feudal.

O alumnado de 4º B preparou esta presentación na que nos falan, brevemente, da Idade Media e da sociedade medieval: reis, nobres, clero, cabaleiros, etc.

 O noso super-agradecemento , aos profes Yoli e Dani que coa Productora "Tes moita lingua", elaboraron a

montaxe.


 

venres, 1 de abril de 2016

Un pouco de maxia.




Despois da lectura dunhas páxinas de "Libro de maxia.Kika Superbruxa" de Knister, no que nos mostraba uns truquiños de maxia, Nerea fíxonos este sorprendente truco na clase. Encantounos e quedamos abraiados.

 

mércores, 30 de marzo de 2016

O aparato respiratorio.

Aprendemos moitas cousas deste aparato tan importante para a vida. E neste enlace, un xogo para repasar.

mércores, 23 de marzo de 2016

Bocatas retrato.



Os compañeiros que nos prepararon os bocatas-retrato cóntannos a súa elaboración.

Quedaron moi bonitos e boíííísimos. Comimos todo!

 

                                                                                Despois, en mates, aproveitamos o tique de compra para plantexar e resolver problemas.

martes, 22 de marzo de 2016

domingo, 20 de marzo de 2016

Merendola.

E despois dos Xogos Olímpicos preparamos unha merendola para repoñer forzas: bocatas e macedonia.
Todo boísimo, non quedou nada!

 

sábado, 19 de marzo de 2016

Xogos Olímpicos e Paralímpicos .



Gregos e romanos enfrontáronse nestas divertidas olimpiadas.
Os nove grupos participantes, integrados por alumnado de toda Primaria, foron rotando por outros tantos xogos, buscando a puntuación necesaria para gañar estes primeiros Xogos Greco-Romanos MMXVI.

Éxito de participación, entusiasmo e diversión.

O noso agradecemento a todo o profesorado e sobre todo aos organizadores destas fabulosas Olimpiadas.

mércores, 16 de marzo de 2016

"Tuneando" bolsas.

Tuneamos dúas bolsas publicitarias, dunha coñecida cadea de tendas de alimentación, para a nosa biblioteca.

 

A dixestión.



Explicación interesante do proceso da dixestión. E neste enlace un xogo para ver se coñecedes as súas partes.

martes, 15 de marzo de 2016

venres, 11 de marzo de 2016

Semana da Muller.



 Rematamos a semana do Día Internacional da Muller cunha chea de sorprendentes mulleres que fomos coñecendo ao longo da semana: escritoras, deportistas, artistas, científicas, activistas, etc.


En Plástica coñecimos a Maruja Mallo, a gran pintora galega do século XX.
 Homenaxeámola cuns "retratos bidimensionais".


xoves, 10 de marzo de 2016

Castelos e torreóns



 En plástica tamén fixemos torres e castelos para o proxecto da Idade Media.

 Primeiro aprendimos sobre as súas partes, usos, etc.

 

luns, 7 de marzo de 2016

Cantas mulleres?



 Para lembrar que mañá é o 8 de marzo poñemos este acertixo visual.

Cantas mulleres ves no debuxo?

martes, 1 de marzo de 2016

Con Javier Martín.

Hoxe tivemos a oportunidade de compartir con Javier Martín (bailarín e coreógrafo) unha sesión na que nos propuxo traballar as Artes do movemento.
 A partir da improvisación practicamos distintas calidades do movemento para acadar un maior grao de
liberdade. Un pracer disfrutar ese tempo co artista.


.

Nós lemos.


 Iniciamos aquí unha sección que chamaremos " Nós lemos" na que iremos subindo pequenos resumos (totalmente improvisados) deses libros que acabamos de ler e que nos gustaron especialmente.

Antía e Noelia falánnos de "Unha chea de familias" de Xosé Neira Cruz.

 Unha fermosa historia para visualizar os distintos tipos de familias aos que podemos pertencer.