Hoxe tivemos a oportunidade de compartir con Javier Martín (bailarín e coreógrafo) unha sesión na que nos propuxo traballar as Artes do movemento.
A partir da improvisación practicamos distintas calidades do movemento para acadar un maior grao de
liberdade.
Un pracer disfrutar ese tempo co artista.
Iniciamos aquí unha sección que chamaremos " Nós lemos" na que iremos subindo pequenos resumos (totalmente improvisados)
deses libros que acabamos de ler e que nos gustaron especialmente.
Antía e Noelia falánnos de "Unha chea de familias" de Xosé Neira Cruz.
Unha fermosa historia para visualizar os distintos tipos de familias aos que podemos pertencer.
Para facer unhas tarxetas que ilustrasen unha estrofa do poema " Alborada " de Rosalía, precisabamos facer paxaros.
Primeiro practicamos uns bosquexos a lapis e cores.
Despois, fixémolos coa técnica do collage. Cartolina, catálogos vellos, tesoiras, pegamento e deixar voar a imaxinación.
Canta, paxariño alegre,
canta!
Canta porque o millo medre.
Canta!
Canta porque a luz te escoite.
Canta!
Canta que fuxiu a noite.
Estes días, en Ferrol, están rodándose esceas da serie "22 ángeles" que narra a expedición do doutor Balmis, a comezos do s.XIX, para levar a vacina da varíola a todo o territorio do Imperio español.
Como somos moi curiosos, estamos investigando sobre a expedición e o doutor Balmis.
Merece a pena.
Para sentirnos orgullosos do que fixeron.
E chegou o día, por certo cun tempo marabilloso,e despois de disfrazarnos fixemos o desfile polas rúas de Ares.
Quedou ben lucido.
Á volta saboreamos as riquísimas lambonadas caseiras que nos prepararon as familias.
Moitísimas grazas a todxs.
Despois de moito traballo, xa temos todo listo para o Antroido.
Os cursos de 3º e 4º de Primaria imos de "Nobreza medieval" e xunto cos outros cursos faremos un fermoso desfile por distintas épocas da Historia da Humanidade.
Celebramos todos xuntos este día baixo o lema " Somos pequenas persoas que fan grande o mundo" día a día.
Cada un aportando o seu pequeno gran, para facer montañas.
Este é o conto que nos contaron onte as compañeiras de 2º de ESO.
Ao remate fixemos un Pasapalabra para ver canto lembrábamos.
O conto foi escrito e ilustrado por tres rapazas de 3º de ESO., que o fixeron de marabilla, con motivo do Día dos dereitos dos nen@s, e que por circunstancias retrasouse.
Moitísimas grazas a todo o alumnado e profesorado implicado.
Agasalláronnos cun lapis, que ten o nome do cole impreso, para que lembremos a importancia da escola nas nosas vidas.
Todo o cole participou, un ano máis, con gran entusiasmo na carreira Quilómetros de Solidariedade, a prol da ONG Save the Children.
Un éxito esta edición 2015.
PARABÉNS a tod@s.
Este é o título da charla que a Escola Galega de Consumo, dentro da campaña de InfoNadalConsumo 2015,nos deu onte no noso cole.
Falamos sobre consumo responsable, os trucos da publicidade, a importancia que ten mirar as indicacións dos xogos antes de mercalos, etc.
En concreto, centrámonos moito no etiquetado dos videoxogos.
Pregamos que leades con moita atención este folleto e que revisedes os videoxogos que utilizan @s vos@s fill@s.
Para profundizar no estudio da hidrosfera, a gran capa de auga que ocupa case as 3/4 partes da superficie do planeta azul.
Pero de toda esta auga, só unha pequena parte é doce, e desta, a maior reserva está na Antártida.
Aprenderás un montón de cousas interesantes!