sábado, 12 de decembro de 2015

Escollo con moito ollo!

Este é o título da charla que a Escola Galega de Consumo, dentro da campaña de InfoNadalConsumo 2015,nos deu onte no noso cole. Falamos sobre consumo responsable, os trucos da publicidade, a importancia que ten mirar as indicacións dos xogos antes de mercalos, etc.



En concreto, centrámonos moito no etiquetado dos videoxogos.
Pregamos que leades con moita atención este folleto e que revisedes os videoxogos que utilizan @s vos@s fill@s.

martes, 8 de decembro de 2015

A Antártida.

Para profundizar no estudio da hidrosfera, a gran capa de auga que ocupa case as 3/4 partes da superficie do planeta azul. Pero de toda esta auga, só unha pequena parte é doce, e desta, a maior reserva está na Antártida. Aprenderás un montón de cousas interesantes!

luns, 30 de novembro de 2015

PRESENTÁMONOS COA MÚSICA

Aos nenos e nenas de 4º curso acordounos presentarnos dun xeito distinto e, para iso, empregamos a música. Non quedou nada mal. Escoitade!


luns, 23 de novembro de 2015

Receitas.



Estamos traballando as instruccións, e que mellor maneira que practicar coas receitas.
Preparamos a cociña, dispuxéronse @s cociñeir@s e os ingredientes, e sen moita preparación, despois dalgúns imprevistos, aquí están os resultados.

 Pasámolo moi ben e saíron moi ricos os bocatas . E como di Iván:
_ Fácil, sinxelo e para toda a familia.

 

Lembrade que na biblioteca hai estupendos libros de receitas.

sábado, 21 de novembro de 2015

The snowman

The snowman é un libro infantil inglés escrito por Raymond Briggs e publicado en 1978 en forma de álbum ilustrado.
 En 1982 fíxose a película de animación que foi nominada ao Oscar ao mellor corto.

 Esta fermosísima historia fálanos do valor da amizade.


 

sábado, 14 de novembro de 2015

Magosto 2015



Onte celebramos o Magosto.
 O recreo foi máis longo e puidemos comer as castañas, cantar moito e xogar.

 

venres, 13 de novembro de 2015

Castañas e cestiñas.

Fixemos estas castañas-monicreques e unhas cestiñas para o noso magosto do cole; usamos xornais, catálogos, cartóns,... Reutilizamos para aforrar!









xoves, 12 de novembro de 2015

Jim e a illa do tesouro.

Onte, no auditorio de Narón, asistimos 1º, 2º, 2º e 4º de Primaria, á representación desta obra polo grupo EME2.
A máis clásica das obras de piratas (de R.L.Stevenson), adaptada para o teatro de monicreques.

 Estivemos moi atentos e ao remate aplaudimos con moito entusiasmo, porque nos gustou moito!

 

venres, 6 de novembro de 2015

O ourizo cacho Pancho.



Con folliñas secas do outono, en plástica, fixemos estes ourizos cachos. Neste corto argallamos un pequeno conto arredor deles.

xoves, 5 de novembro de 2015

martes, 3 de novembro de 2015

Cid Campeador.



 Nunha lectura coñecimos esta figura épica da Idade Media.

 Neste corto temos máis información sobre o personaxe, a súa época, etc.

 

xoves, 29 de outubro de 2015

Samaín 2015

Aquí vos achegamos unha peli con varias das actividades que fixemos en 3º e 4º :
lanternas con frascos de vidro, morcegos, bruxas, decoración de portas, un gran mural nas escaleiras , cabazas talladas e decoradas,...

 

 Compartimos tamén a peli, que preparou a profe Yoli, do Samaín no cole.

 

mércores, 21 de outubro de 2015

Pintando.

Seguimos co reino das plantas e en plástica pintamos estas folliñas cheas de cores.
 Empregamos as cores primarias máis o branco e puxémonos a mesturar.

Pasámolo pipa!


 

sábado, 17 de outubro de 2015

No Samaín.



Empezamos a conta atrás para o Samaín con esta canción de Paco Nogueiras.



martes, 13 de outubro de 2015

Paula Danziger.

Por un fragmento de "Ámbar está superfuriosa", que traballamos na clase, coñecimos á súa autora, Paula Danziger.

Investigamos un pouco e preparamos unha pequena biografía da mesma.
Buscamos algún dos seus libros na biblioteca e pedimos que compraran algún título máis.

 Agora a leela!


 

sábado, 10 de outubro de 2015

Tolerancia.

A tolerancia é o respecto ás ideas, actitudes e crenzas dos demais, aínda que sexan contrarias ás nosas. Despois de falar sobre o tema, expoñer as nosas opinións, facer autocrítica, etc. preparamos este mural.

 


martes, 6 de outubro de 2015

Outono.



 A nova estación vai ir cubrindo o chan de folliñas variadas.
Nós, en artística, fixemos estas.

 


luns, 5 de outubro de 2015

xoves, 1 de outubro de 2015

Paisaxes.



 Neste video as paisaxes con árbore que fixemos en Plástica dentro do proxecto Plantas.