Este ano, os 3R (reducir, reutilizar, reciclar) eran o fío conductor do certame.
Utilizando os máis variados obxectos e restos atopados no noso entorno ( cartóns, plásticos, paus, cunchas, etc) fixemos estes fermosos traballos.
Na oficina de Correos unha señora preguntounos se os vendíamos.
Para a páxina web do cole, tocounos a 3º e 4º facer un traballo sobre o Mercado Municipal de Ares.
O alumnado de 3º fixo unha pequena presentación das características arquitectónicas do edificio, amais de propoñernos xogos, acertixos e retos matemáticos relacionados coa visita.
E o alumnado de 4º entrevistou ás persoas que traballan alí para ofrecernos os seus productos a cotío.
Temos que darlle as grazas á profe Yoli, que nos fixo estas marabillosas montaxes.
Onte, o alumnado de 4º de E. primaria e as súas titoras, visitaron a aula de Educación vial do concello de Fene.
Ademais da parte teórica, na que repasaron as principais normas de circulación, tiveron a parte práctica na que completaron todo o circuíto.
É estupenda esta visita e sempre se disfruta a tope.
Porque, ás veces, hai que saber dicir NON!
Este fermoso vídeo gravárono @s alumn@s de 3º de primaria co profe Simón en Educación en valores sociais e cívicos.
As súas voces son un importante recordatorio que temos que ter moi presente.
E como remate das actividades desta semana das Letras, fixemos este mural con caricaturas de Filgueira Valverde e unha pequena escolma de palabras dos seus escritos; traballamos unha unidade didáctica para coñecer a súa biografía e algo da súa obra.
Tamén tivemos festa cunhas fabulosas gaitas e cantareiras, que nos convidaron a cantar, bailar,... Nós animámonos e tamén cantamos a Jota de Calvos.
Coincidindo coa semana das Letras Galegas, montouse a exposición do II Certame de portadas en galego.
O xurado vaino ter difícil porque hainas ben bonitas.
Levamos uns días de cantaruxeiros, aproveitando uns minutos dos recreos para ensaiar a " Jota de Calvos".
Ocorréusenos preparala para o Día das Letras Galegas, e mañá faremos de teloneiros .
Facémolo sen pretensións, unicamente por cantar na nosa lingua unha cantiga popular.
O noso agradecemento ao profe Simón que nos axuda nos ensaios.
Preparamos esta sinxela receita, xa que estamos practicando a súa escritura.
Despois de lavar moi ben as mans comezamos.
Ingredientes:
1 plátano
2 kiwis
1 mazá
Elaboración:
1º Pelar o plátano, cortalo pola metade ao largo e colocar as dúas metades na fuente, facendo os troncos
das palmeiras.
Co coitelo farémoslles uns cortes.
2º Pelar os kiwis, cortar pola metade ao largo e trocear para facer as pólas da palmeira.
3º Pelar a mazá e cortala en láminas para facer o chan.
Este proxecto comezou cun obectivo básico e fundamental: fomentar a inclusión, neste caso, das persoas xordas, desenvolvendo capacidades de empatía e cooperación coma o inicio do respecto á marabillosa diversidade.
Grazas á colaboración de todo o profesorado e, en especial, do alumnado do CPI Conde de Fenosa, comezamos a SOÑAR cun mundo sen barreirtas.
Un curso máis, o noso colexio segue co Proxecto Meteoescola, impregnando a vida escolar.
O alumnado de 3º e 4º de primaria diariamente recolle, nos seus calendarios de aula, a temperatura que marca a termómetro en dous momentos da mañá (a primeira hora e despois do recreo), así coma o estado do ceo.
O alumnado de 4º posteriormente elabora unhas gráficas con esta información e o alumnado de 3º pásalla ao de 6º para que as elaboren no ordenador. Tamén controlamos u pluviómetro para levar conta da cantidade de chuvia.
Cos refráns meteorolóxicos que tiñamos escolmados dos cursos pasados, elaboramos o xogo “Meteo-refráns”. Nel, cada participante ten que dicir un refrán relacionado co tempo meteorolóxico ou os meses e despois debe explicar o seu significado.
E relacionado co anterior, na Semana das Letras Galegas, cada curso de Infantil e Primaria ilustrou un refrán meteorolóxico para colocar na porta da aula (as meteoportas) e facer despois unha exposición con todos eles.
Pero ata no Antroido mandou este proxecto, xa que
o tema elexido para disfrazarnos foi a Meteoroloxía e o cambio climático; nós fomos de tronada e chubascada.
Fixemos este obradoiro para preparar as nosas portadas.
Con elas participamos no II Certame de portadas de libros en galego que organiza a nosa biblioteca.
Así quedaron.
Nesta sesión de Ciencia en ruta traballamos a representación e interpretación espaciais e a capacidade de abstracción para comprender as inmensas distancias do Universo.
Coa representación multimedia e uns planetas a escala, xogamos e profundizamos no estudo do noso Sistema Solar.
Falamos de cousas que xa sabíamos, pero aprendimos moito sobre as proporcións, distancias, planetas enanos, asteroides , duración da rotación e traslación dos planetas e moitas cousas máis.
Esta semana tivemos dúas celebracións: o 22 o Día da Terra e o 23 o Día do Libro.
Fixemos un obradoiro de ilustración de portadas de contos, preparamos mini libros para cada ocasión, fixemos plantacións de sementes e esqueixes,...
Dentro da campaña de información e concienciación para a mellora da recollida selectiva e a reciclaxe, dous monitores de SOGAMA visitaron o noso cole, para pasar un rato con cada curso, recordándonos a importancia dos tres R: Reducir, Reutilizar e Reciclar.
Lembráronnos as cores dos colectores e o que debemos botar en cada un, o que se fai co que depositamos neles, etc.
Moitas cousas xa as sabíamos, pero non está de máis lembralas.
Tamén nos repartiron uns agasallos ao remetar.
The Hoffnung Music Academy, simpático video de animación dos 60, baseado en cómics de Gerard Hoffnung.
Sonata para piano nº 16 de Wolfgang Amadeus Mozart. Para disfrutar!