Coma todos os anos por estas datas, as portas das aulas, os corredores, as escaleiras do cole, etc. amosan fermosas decoracións navideñas que elaboramos con sinxelos e variados materiais.
Este é o título da representación musical teatralizada que disfrutamos, onte, no Pazo da Ópera.
O quinteto de vento, Zoar Ensemble, interpreta esta obra inspirada na novela Rinconete e Cortadillo de Cervantes, homenaxeando ao autor no ano do 400 aniversario da súa morte.
Estudiando os fungos, decidimos observar como saía o mofo do pan.
Probamos con pan do día e con pan de molde.
Despois duns días o primeiro estaba cuberto de balor e o de molde, ao ter conservantes, non tiña nada.
Coa lupa observámolo millor, e moitos ulimos o cheiro do balorecido que descoñecíamos.
Os mofos son moi abundantes e algúns son beneficiosos coma o mofo Penicillium do que se obtén a penicilina.
venres, 18 de novembro de 2016
En Plástica fixemos estes mouchos con diversos restos de papeis e cartóns. A canción do "Moucho chosco" deunos a idea e estes son os nosos mouchiños.
O Magosto deste ano estivo xenial!
Primeiro preparamos cucuruchos, caixas, cestiños, etc. para recoller as castañas;
logo comimos unhas saborosas castañas asadas e para axudar á dixestión, xogos populares no pavillón:
letras corporais para formar a palabra Magosto,
baile da castaña,
carreiras con castañas en culleres e volta coa castaña entre as pernas,
baile da vasoira, etc.
O pasado venres, aproveitando o bo tempo, fixemos a camiñata de outono pola nosa contorna, para apreciar os cambios que a estación deixa na paisaxe.
Dende o cole, subimos por Loureiros, fixemos a merenda na Barrosa e voltamos por Papellas, rúa da Paz e colexio outra vez.
Observamos árbores de folla caduca, perenne, arbustos diversos, campos de cultivo, animais, cunchas e pedras na ribeira,... Vimos paisaxes: de campo, de costa,...
Escoitamos as ondas do mar na praia,
miramos nas pozas,...