Estudiando os fungos, decidimos observar como saía o mofo do pan.
Probamos con pan do día e con pan de molde.
Despois duns días o primeiro estaba cuberto de balor e o de molde, ao ter conservantes, non tiña nada.
Coa lupa observámolo millor, e moitos ulimos o cheiro do balorecido que descoñecíamos.
Os mofos son moi abundantes e algúns son beneficiosos coma o mofo Penicillium do que se obtén a penicilina.
Ningún comentario:
Publicar un comentario