martes, 20 de decembro de 2016
Decoración navideña.
Coma todos os anos por estas datas, as portas das aulas, os corredores, as escaleiras do cole, etc. amosan fermosas decoracións navideñas que elaboramos con sinxelos e variados materiais.
Felicitación de Nadal
Fermosa felicitación que preparou a profe Luisa con alumnado de Primaria.
Felices Festas!
luns, 19 de decembro de 2016
venres, 16 de decembro de 2016
O boneco de neve.
sábado, 3 de decembro de 2016
Xogo de Pillabáns.
venres, 25 de novembro de 2016
O balor do pan.
Estudiando os fungos, decidimos observar como saía o mofo do pan.
Probamos con pan do día e con pan de molde.
Despois duns días o primeiro estaba cuberto de balor e o de molde, ao ter conservantes, non tiña nada. Coa lupa observámolo millor, e moitos ulimos o cheiro do balorecido que descoñecíamos.
Os mofos son moi abundantes e algúns son beneficiosos coma o mofo Penicillium do que se obtén a penicilina.

venres, 18 de novembro de 2016
Rodrigo Díaz de Vivar
Nunha lectura do libro de Lengua coñecimos esta figura lexendaria.
Neste enlace tedes un montón de información e outras actividades sobre a figura do Cid Campeador.
xoves, 17 de novembro de 2016
luns, 14 de novembro de 2016
Gústanos cantar!
Cantar é algo que lle gusta a todo o mundo.
Cantemos ben ou non tan ben, hai que facelo porque senta moi ben.
Neste enlace un montón de cancións para aprender e cantar.
Cantemos ben ou non tan ben, hai que facelo porque senta moi ben.
Neste enlace un montón de cancións para aprender e cantar.
sábado, 12 de novembro de 2016
Magosto, 2016
O Magosto deste ano estivo xenial!
Primeiro preparamos cucuruchos, caixas, cestiños, etc. para recoller as castañas; logo comimos unhas saborosas castañas asadas e para axudar á dixestión, xogos populares no pavillón:
letras corporais para formar a palabra Magosto,
baile da castaña,
carreiras con castañas en culleres e volta coa castaña entre as pernas,
baile da vasoira, etc.
XENIAL!!

venres, 28 de outubro de 2016
Samaín, 2016
luns, 24 de outubro de 2016
Camiñata de outono.
O pasado venres, aproveitando o bo tempo, fixemos a camiñata de outono pola nosa contorna, para apreciar os cambios que a estación deixa na paisaxe.
Dende o cole, subimos por Loureiros, fixemos a merenda na Barrosa e voltamos por Papellas, rúa da Paz e colexio outra vez.
Observamos árbores de folla caduca, perenne, arbustos diversos, campos de cultivo, animais, cunchas e pedras na ribeira,... Vimos paisaxes: de campo, de costa,... Escoitamos as ondas do mar na praia,
miramos nas pozas,...
Disfrutamos!!!
venres, 21 de outubro de 2016
venres, 7 de outubro de 2016
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)